A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Para o curso 2015-2016 hai un total de 403 prazas libres.Prazas vacantes REIM 2015-2016

Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM)

Image

A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello.

Na actualidade a REIM está constituída Constituída por 9 centros:

  • EIM A Caracola
  • EIM Arela
  • EIM Carricanta
  • EIM Los Rosales
  • EIM Luís Seoane
  • EIM Monte Alto
  • EIM Os Cativos
  • EIM Agra do Orzán
  • Escola Infantil Carmen Cervigón

O marco xurídico da REIM está constituído polo novo Regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís integradas na rede de escolas infantís municipais (REIM) do Concello da Coruña, polo regulamento de réxime interno de cada escola, pola normativa vixente das administración competentes na materia, polas disposicións dos seus servizos de inspección e pola normativa aplicable na contratación administrativa.

A REIM presta un servizo público de dobre natureza:

  • Educativa: Cada menor ten dereito a un elevado nivel de calidade na súa educación e atención desde o seu nacemento e a que a prestación se realice nun contexto adecuado ás súas necesidades e intereses.
  • Asistencial: Esta prestación organízase nun horario que lles posibilita ás familias e representantes legais a conciliación da súa vida familiar e laboral.