VIII Festival CinEOI2018 Coruña Curtas 2018

CinEOI 2018

O Servizo Municipal de Educación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega da EOI da Coruña quere convidar a toda a comunidade educativa a asistir ao VIII Festival CinEOI Coruña Curtas, que terá lugar os días 2 e 3 de maio de 2018.

O mércores 2 de maio proxectaranse todas as curtas presentadas a concurso, en dúas quendas. Entre elas destacan as realizadas nos obradoiros organizados polo Servizo Municipal de Educación:

• as oito curtametraxes elaboradas nos “Obradoiros de introdución a curtametraxe en galego de educación primaria”

- “Got Talent Anxo da Garda” e “Operación desastre” do CEIP Anxo da Garda

- “Bullying Zombi” do CEIP Manuel Murguía

- “Pasado Oculto” e “The Paiaso Maldito” do CEIP Prácticas

- “Praga” do CEIP María Pita

- “Viaxe contrarreloxo” do CEIP Manuel Murguía

- “Os Cinco Anos da Morte” do CEIP Ramón De La Sagra

• a curtametraxe do “Obradoiro achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe” impartido na EOI por Omar Rabuñal Varela.

O xoves 3 de maio, ás 19.30h, celebrarase a Gala de entrega de premios na aula magna da EOI da Coruña, coa asistencia da concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, que entregará os premios promovidos polo Concello da Coruña.

O Concello da Coruña outorga os seguintes premios:

 “Mellor curta” na categoría absoluta, consistente nun Curso de Interpretación, ou de Cámara e Realización, ou de Guión para dúas persoas impartido por Voz Audiovisual e valorados en 750€, cofinanciado polo Concello da Coruña (abono das mensualidades 450€) e Voz Difusión Noticias SLU (matrícula 300€).

 Os premios “Ben falado” das categorías xuvenil e infantil, consistentes nun lote de libros en galego, valorados en 250€ cada un.

Coa gala clausurarase esta nova edición dun proxecto que leva oito anos apostando pola creación audiovisual en lingua galega entre o alumnado dos centros de educación primaria, secundaria e das escolas de idiomas.

MÁIS INFORMACIÓN

VIII Festival CinEOI Coruña Curtas no Libro dixital 2017-2018

Instagram: @asisedi_engalego

Facebook: @ENDLeoicorunha