Remata o prazo de reserva de praza na Rede de Escolas Infantís Municipais

Admisión na REIM

Este xoves remata o prazo de reserva para renovar praza na Rede de Escolas Infantís Municipais. Lembramos que para facer efectiva a reserva é preciso estar ao día no pagamento das cotas mensuais e actualizar a documentación da situación económica, familiar e de residencia no municipio.

O vindeiro luns publicaranse as prazas vacantes para o novo curso e a partir do martes, e ata o 4 de maio (ambos incluidos), poderase formalizar a solicitude de novo ingreso para menores nados en 2016, 2017 e 2018. Aquí pódese consultar a documentación necesaria.

É posible solicitar praza nun máximo de dúas escolas infantís municipais. Presentarase a documentación esixida en cada unha delas. De incumprirse esta norma, o solicitante pasará a ocupar o último lugar na relación de solicitudes, independentemente da puntuación obtida. Unha vez pechado o prazo de solicitudes non se permitirá a alegación nin a xustificación de méritos.

Calendario

Os demais prazos do proceso de admisión e matrícula son os seguintes:

O 8 e 9 de maio celebraranse os consellos escolares, o 11 de maio a Comisión de escolarización. O 14 de maio publicaranse as listas provisionais e do 15 ao 29 de maio extenderase o prazo de reclamacións.

As reclamacións consideraranse resoltas coa publicación das puntuacións definitivas. Durante este período, non serán admitidos nin valorados novos documentos que non fosen presentados no prazo de solicitude.

Rematado o prazo de reclamacións celebraranse os novos consellos escolares: 30 de maio e Comisión de escolarización: 31 de maio.

As listas definitivas e de agarda publicaranse o 1 de xuño.

O prazo de matrícula irá do 1 ao 14 de xuño.

O curso escolar 2018-2019 iniciarase o 5 de setembro.

Máis información