Recuncho do xogo en Semana Santa nos centros cívicos municipais

Horarios de Recuncho do xogo:
Horario xeral: de 10:00 a 13:30 h nos centros cívicos de Artesanos, Labañou e Novoboandanza, Palavea, Cidade Vella, Santa Margarita, Pescadores, San Diego, Eirís, Sagrada Familia, Elviña e A Silva.
Horario ampliado: de 9:00 a 14:30 h. O horario ampliado só se realizará nos centros de Castrillón, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Os Mallos e Os Rosales.

Prezo público da actividade:
Horario xeral: 7 €
Horario ampliado: 11 €

Preinscrición: 3, 5 e 6 de marzo (sábado, luns e martes)
Horario da preinscrición: de 11:00 a 13:00 h e de 17:00 a 20:00 h.
Sorteo: 6 de marzo ás 20:15 h, en cada centro cívico.
Exposición pública de listaxes de admitidos/as e de reservas: o día 19 de marzo.
Inscrición: 20, 21 e 22 de marzo no mesmo horario que a preinscrición.

Para nenos e nenas con necesidades educativas especiais ou discapacidade, en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo, ofertaranse dez prazas nesta actividade.