Guía "TI ELIXES 2017"

Con motivo da realización das XXV Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, a Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña publica a edición 2017 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas Xornadas, que non é outro, que informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos non regulados, así como das saídas profesionais ao seu remate.