Exposición "As 7 artes do mundo" de Luditarde, do 23 ao 27 de marzo no Fórum Metropolitano

Cartel da exposición

Esta exposición de arte recolle o traballo realizado por cada un dos cinco grupos de Luditarde do CEIP Ramón de la Sagra sobre cada un dos contidos ou manifestacións artísticas: teatro e dramatización, fotografía e cinema, música, literatura, pintura, escultura e arquitectura, tomando como fonte de inspiración nosa cidade (elementos arquitectónicos -coma edificios e monumentos- personaxes artísticos , fisionomía da cidade, natureza etc.

Os 68 escolares de educación infantil e educación primaria que participan no programa este trimestre disfrutaron do desenvolvento da temática sobre “As 7 artes do mundo” e foron quen de elaborar diversas obras artísticas con técnicas, temáticas e materiais diferentes que agora se presentan.

  • Arquitectura: experimentos arquitectónicos; gorro arquitectónico; xogos de construción.
  • Escultura: esculturas con medias; e esculturas con papel.
  • Pintura: os rostros do naufraxio; tinguidura de pedras; Torre de Hércules de Peteiro; pintura sobre cristal: a vidreira de Peteiro.
  • Literatura: Historia ilustrada.
  • Música: ritmo “Emoji”.
  • Fotografía e cinema: montaxes fotográficas con bonecos tipo playmóbil; experimento sociolóxico.
  • Teatro/Dramatización: ritmo “Emoji”; película.