Convocatoria do curso sobre saúde no medio escolar

O obxectivo desta actividade formativa, organizada polo Concello da Coruña coa colaboración da Fundación María José Jove e enmarcada no programa Educa Saúde, é a creación dun ambiente máis seguro e favorable nas escolas para a educación infantil, especialmente para os/as nenos/as con enfermidades crónicas.

O profesorado e o persoal de apoio das Escolas Infantís Municipais poderán anotarse ata o 11 de decembro enviando un email a info@fundacionmariajosejove.org. O curso dará comezo na sede da Fundación o día seguinte ao peche da inscrición, o 12, e tamén se desenvolverá os días 14 e 19 dese mes, en horario de 17.15 a 21.00.