Centos de escolares participarán o sábado na Feira Matemática

Feira Matemática 2018

Centos de escolares de toda Galicia participarán este sábado, 7 de abril, na XII Feira Matemática, organizada pola Asociación do Profesorado de Educación Matemática de Galicia en colaboración co Concello da Coruña.

A Feira Matemática, que se desenvolverá no Palexco, é unha xornada pensada para a divulgación das matemáticas e está dirixida aos alumnos de Educación Infantil. Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, así como ao profesorado e público en xeral. Cada centro, cada profesor, cada grupo de alumnos, pode expoñer unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas.

Cada centro ou entidade participante disporá dun posto para mostrar experiencias de aula, xogos, exposicións, puzzles e todo tipo de actividades relacionadas coas matemáticas. Por participar nas diferentes actividades programadas os visitantes reciben Agapemos (a moneda oficial da feria), o que lles permite adquirir libros, regalos e xogos.

Nesta edición, o Día Escolar das Matemáticas está dedicado ás “Matemáticas Electorais” o que pode dar ideas para que algunhas das actividades que se presenten xiren en torno a informática e o papel que está a xogar na vida diaria, na educación etc.

Estas e outras actividades queren ser un xeito de amosar o achegamento da ciencia, en particular das ciencias matemáticas, aos cidadáns, afastándonos de aspectos formais, sen que por iso perda o rigor nin diminúa a importancia do que a ciencia representa na sociedade actual.

Máis información: www.agapema.org