Bolsas Junior Year 2017-18. Relacións actualizadas de persoas seleccionadas e en listaxe de agarda

Unha vez rematado o prazo para presentar a solicitude aceptando a praza publicamos as relacións actualizadas de persoas seleccionadas e en listaxe de agarda.

As familias seleccionadas no posto 1 ao 60, da relación actualizada de persoas admitidas, dispoñen ata o 17 de marzo para entregar o dossier e facer o abono do 50% da cota. O segundo pago (50% restante da cota) farase antes do 28 de abril.

As familias no posto 61 a 65 que aceptaron disfrutar dunha praza, no caso de existir vacantes, deberán preparar o dossier e presentalo ata o 17 de marzo.