As charlas e os obradoiros do programa Educa Saúde estanse a desenvolver na EIM de Monte Alto

Desenvolvemento da actividade

Este programa do Concello e a Fundación María José Jove está dirixido ás familias, coa finalidade de promover hábitos saudables. Consta dunha charla e un obradoiro por grupo de idade, impartidos por Belén Ruso e Araceli Álvarez.

Na Escola Infantil Municipal de Monte Alto as sesións estanse a desenvolver desde o 7 de marzo e seguirán ata o 6 de abril. Todas comezan ás 16:00 h, seguindo este calendario:

  • Aula de cunas: obradoiro o mércores 7 de marzo e charla o venres 23 de marzo
  • Grupo de aula grande: obradoiro o mércores 14 de marzo e charla o venres 16 de marzo
  • Grupo cacho-cole: obradoiro o mércores 4 de abril e charla o venres 6 de abril.