Aberto o prazo de inscrición das bolsas Junior Year 2018-19

Os/as estudantes do concello da Coruña que estean cursando 4.º da ESO e que estean en condicións de cursar 1.º de bacharelato durante o vindeiro ano poden optar ás 60 bolsas que concedemos para facelo nos EE. UU.

A través do enlace á ficha de inscrición atoparedes o formulario para cubrir en liña e mais as instrucións para a descarga do xustificante e a súa entrega nos rexistros municipais.

Lembrade que o prazo de solicitude finaliza o 11 de decembro ás 14.00 horas.

Ficha de inscrición

Junior Year 2018/19