A EIM de Monte Alto celebra o martes 20 de marzo unha charla-coloquio sobre a igualdade de oportunidades

Cartel da actividade

Co nome "Rosa e azul, son só cores. Pola igualdade de oportunidades", a pedagoga Miren Ansó dirixirá a charla-coloquio, destinada a pais, nais e membros dos equipos educativos das escolas municipais e centros de formación colaboradores.

A sesión será o martes 20 ás 17 h na aula grande da Escola Infantil Municipal de Monte Alto.

A actividade forma parte do proxecto "As maletas viaxeiras" de educación na igualdade de xénero e na non violencia. O proxecto da EIM Monte Alto componse dun conxunto de accións que se desenvolven tanto na casa como na escola. Baséase na aprendizaxe a través do xogo, centrándose en detectar os roles que as nenas e nenos van adquirindo desde a primeira infancia, e modificando actuacións diarias na escola e na familia para fomentar a igualdade de xénero a través do xogo simbólico que o conxunto de maletas viaxeiras lles ofrecen.