Xornadas de Participación Cidadá

Que son os bens comúns e como se xestionan? Que implica que temos dereito sobre eles? Como podemos aprender xa desde as aulas a importancia que ten contar cun aire respirable, unha auga potable, un mar vivo ou uns barrios habitables?

Image


A Concellaría de Participación e Innovación Democrática convoca unhas Xornadas de Ciencia Cidadá o vindeiro mércores 24 de xaneiro (18h) na Domus para achegarlle estes conceptos á cidadanía: profundar, dialogar e aprender máis sobre os bens comúns. Para crear ciencia entre todas.

Nas Xornadas presentaranse as Guías de Ciencia Cidadá, documentos prácticos e sinxelos especialmente dirixidos á xente moza (12-15 anos) para ser traballadas nas aulas, acompañados polos seus mestres e mestras. E para iso, contaremos coa participación de:

  • Claudia Delso, Concelleira de Participación e Innovación Democrática.
  • Antonio Lafuente, Coordinador do Laboratorio do Procomún (MediaLab-Prado) e director da iniciativa.
  • Duarte Vidal, investigador no Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR-Galicia).

O proxecto de elaboración destes documentos foi promovido e financiado en colaboración polo MediaLab-Prado (Ayuntamiento de Madrid), o Co-Lab (Concello da Coruña) e o Ministerio de Educación, Cultura E Deporte.

Agradeceríamos confirmar asistencia no correo participacion@coruna.es ou no teléfono 981184200 (ext 10160).