VIII Concurso de viñetas da Deputación da Coruña

Image

Desde Servizos Sociais da Deputación da Coruña, se convoca no marco das actividades da Conmemoración do 8 de marzo 2017 "Día das mulleres", o VIII Concurso de viñetas, baixo o título "IgualMente".

Bases: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/13/2017_0000001936.html

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, xa que representan o cambio e o futuro, sobre a importancia de gozar de relacións afectivo-sexuais e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero para acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos. O prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase o 12 de abril de 2017.

En canto aos premios, seleccionarase tres traballos finalistas en cada categoría:

  • CATEGORIA A: (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos)
  • CATEGORIA B: (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos).

Nas dúas categorías, o primeiro premio recibirá un iPAD AIR e unha colección de cómics e o segundo e terceiro premio unha TABLET e unha colección de cómics.

Fonte: Deputación da Coruña