Muncyt: actividades de verán

O programa de verán do MUNCYT está composto por obradoiros deseñados para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos e visitas de carácter lúdico para grupos, tanto á súa colección como ás exposicións temporais.

As actividades están orientadas tanto a público individual que desexe inscribirse nas mesmas, como a grupos organizados que queiran reservar os talleres para incorporalos como actividade educativa complementaria dos seus propios campamentos urbáns e xornadas de verán, tal como se fai co programa durante o curso escolar.

Os interesados en realizar reservas para as sesións detalladas no programa, deben contactar co museo a través do teléfono 689 578 727 ou do correo electrónico reservascor@muncyt.es.

Tanto o acceso ao museo como a participación nas actividades son completamente gratuitos.