En marcha o Concurso-Exposición Letras Galegas 2018!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza este concurso dirixido aos centros educativos que distinguirá a mellor exposición sobre a obra, a época e a lingua da autora homenaxeada no vindeiro Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno Márquez, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que viviu.

Existen dúas categorías de participación e o premio en cada unha delas será de 2 000 euros. Ademais, os/as profesores/as que interveñan de forma activa na preparación das mostras gañadoras recibirán unha certificación de premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para o coordinador ou coordinadora).

O prazo de presentación dos traballos remata o 22 de xaneiro de 2018.

Convocatoria