Curso de testeo de oficios

Curso Testeo de oficios.

Image

Dentro do proxecto 'Escola de segundas oportunidades' da Cruz Vermella, ofrecen este curso para o mes de xuño e xullo dirixido a mozos e mozas inscritas en garantía xuvenil.

A través deste curso as persoas participantes poderán descubrir os seus intereses profesionais e activar as súas habilidades.

Axudarase así a coñecerse a un mesmo, coñecer as habilidades de cada quen, melloralas e descubrir os seus intereses profesionais.

Darase a oportunidade de probar como é o traballo no sector da restauración e no sector sanitario.

  • Persoas destinatarias: mozos e mozas inscritos en garantía xuvenil, que queiran coñecer os seus intereses profesionais e busquen orientación laboral e/ou educativa.
  • Realización do curso: xuño e xullo de 2017 de 10.00h a 14.00h
  • Preinscrición: ata o 31 de maio

Escola de Segundas oportunidades

R/Cruz Vermella Española 1. 15002, A Coruña

Contacto: Eva López (2º andar)