Convocadas as axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2018/19

A consellería de Educación vén de publicar a Orde do 9 de maio de 2018, pola que se regula:

  • A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO); cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2017/18.
  • A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP ou 1º, 2º 3º e 4º de ESO e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º 3º e 4º de ESO.
  • A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

O alumnado matriculado nos centros e cursos do proxecto educación dixital (E-Dixgal) queda excluído da participación no fondo solidario de libros de texto para o curso 2018/19 e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

Consulta a Orde completa.