Concurso de fotografía 'Entendendo as nubes'

Resolución do 16 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, pola que se aproban as bases da convocatoria do concurso de fotografía Entendendo as nubes.

O 23 de marzo de 2017 celébrase o Día Meteorolóxico Mundial e o tema elixido para a súa conmemoración é Entendendo as nubes. Este tema ten como fin resaltar a enorme importancia que revisten as nubes para o tempo, o clima e a auga. As nubes son fundamentais para as observacións e predicións do tempo. Son unha das principais incógnitas do estudo do cambio climático e teñen un papel decisivo no ciclo da auga e na estrutura da distribución global dos recursos hídricos.

Participantes e categorías.

  • Poderán participar nesta convocatoria todos os centros de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Os centros poderán participar nas seguintes categorías:
    • Primeira categoría, para as etapas de educación infantil e primaria.
    • Segunda categoría, para as etapas de educación secundaria, bacharelato e formación profesional.

O prazo para a remisión de fotografías será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Acceso ao DOG