Charla: Prevención e abordaxe do problema do alcolismo en menores

O Colexio de Farmacéuticos da Coruña iniciou a campaña "O alcol estache prohibindo ter outra vida", visible en todas as farmacias da provincia, para previr o consumo de alcol en idades temperás. Esta acción forma parte dunha iniciativa que a nivel nacional estase movendo nas 22.000 farmacias españolas.

Ademais, elaborouse un spot de sensibilización https://www.youtube.com/watch?v=OcXeeD_O09A e unha charla relacionada con esta temática que impartirá na Coruña, o mércoles 16 de maio ás 20.00 horas, o psicólogo Javier Urra Portillo no Palexco.