Campaña de verán 2017

Orde do 7 de abril de 2017 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2017 e se procede á súa convocatoria.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado oferta prazas xuvenís dentro do programa Campaña de Verán 2017 dirixido a mozos e mozas galegas

Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre e calidade, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2017.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

  1. A participación na oferta da Campaña de verán 2017 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).
  2. As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
    1. Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/da mozo/a.
    2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
    3. Manutención en réxime de pensión completa.
    4. O material necesario para a actividade.
    5. Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
    6. Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
    7. Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
  3. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16.00 e as 19.00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Acceso ao DOG