Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Visitas escolares á Exposición: Muller tiña que ser!

Información xeral
Descrición

Mostra na que, con humor e certa ironía, danse a coñecer mulleres que coas súas achegas ocupan un lugar destacado no desenvolvemento científico.

Os obxectivos principais son darlles visibilidade, proporcionar modelos femininos no campo da ciencia, combater a discriminación e reflexionar sobre os estereotipos de xénero.

Trátase dunha exposición divulgativa que trata de por en valor as mulleres máis sobresalientes no campo da investigación e a ciencia, abordando á súa traxectoria desde diferentes ámbitos que por tradición están feminizados e vinculados á muller no imaxinario colectivo como son o fogar, o coidado de maiores e nenos, o ensino e o sector sanitario.

A exposición “Muller tiña que ser!” recolle, por tanto, unha antoloxía dos descubrimentos e achegas científicas realizadas por un conxunto de mulleres ao longo da historia para abrir e mostrar esta parte da historia da muller, empregando para iso fotografías, anuncios publicitarios e ilustracións acompañados de textos, que poñen en evidencia o discurso tradicional e dominante sobre a muller con motivo de xerar nos centros educativos debate e controversia sobre a situación das mulleres na ciencia e no que poidan participar tanto alumnas e alumnos como nais e pais.

As visitas escolares serán dinamizadas por persoal contratado.

Persoas destinatarias

Alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, de ESO e Bacharelato, así como as súas familias.

Período de realización

Do 1 ao 23 de marzo de 2018: no Centro Ágora

Do 3 ao 30 de abril de 2018: no Fórum Metropolitano

Condicións do programa

Para grupos de escolares de aproximadamente 25 alumnos/as e os seus profesores/as.

Horario

De luns a venres, en horario escolar: de 9.30 a 10.30 h; de 11.00 a 12.00 h; e de 12.30 a 13.30 h.

Custo

Gratuita.

O autobús de desprazamento corre a cargo do centro escolar.

Inscrición centros

A través da ficha específica.

Para o Centro Ágora: do 1 ao 22 de febreiro de 2018.

Para o Fórum Metropolitano: do 19 de febreiro ao 19 de marzo de 2018.

Centros onde se oferta

Centros educativos públicos, concertados e privados de E. Primaria, ESO e Bacharelato.

Inscrición
Inscrición centros

A través da ficha específica.

Para o Centro Ágora: do 1 ao 22 de febreiro de 2018.

Para o Fórum Metropolitano: do 19 de febreiro ao 19 de marzo de 2018.

Contacto
Información de contacto

Cristina Ameijeiras. Biblioteca Ágora.

Teléfono : 981 189 886

bagora@coruna.es