Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Programa de primeiros auxilios nos centros

Mais de 1.500 escolares participaron este curso nas charlas de Primeiros Auxilios desenvoltas por Protección Civil e o Servizo Municipal de Educación

Máis de 1.500 escolares de Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Especial teñen participado este curso nas charlas informativas sobre primeiros auxilios desenvoltas por Protección Civil e o Servizo Municipal de Educación.

Ata o mes de xaneiro foron un total de 1.547 os alumnos e alumnas que asistiron as diferentes charlas organizadas nos 15 centros educativos participantes desde o pasado mes de outubro: IES Elviña, CIFP Paseo das Pontes, CEIP San Francisco Xabier, IES Ramón Menéndez Pidal, CPR Nebrija, CEIP Manuel Murguía, IES Eusebio da Guarda, CEIP Zalaeta, CEIP Vicente Otero (Carral), CEE María Mariño, CEIP Alborada, IES Rafael Dieste, CEIP Víctor López Seoane, IES Rafael Puga Ramón e CEIP Sagrada Familia.

Non obstante, ata que remate o curso aínda teñen prevista a súa participación outros sete centros: IES Adormideras, CPR Rías Altas, IES Calvo Sotelo, CEIP San Pedro de Visma, CPR Fogar de Santa Margarida, Fundación Adcor, e CPR Obradoiro. Desta maneira, a previsión é que se superen con amplitude o número de 2.000 asistentes a este programa formativo.

O interese por esta actividade é notablemente crecente entre os centros educativos, toda vez que o curso pasado foron 1.027 os e as estudantes que asistiron de un total de 14 colexios e institutos. Estas cifras quedarán amplamente superadas neste curso.

Este programa xurde ao considerar o Concello que a escola constitue o ámbito idóneo para iniciar áos escolares no coñecemento e aprendizaxe das técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) e tendo en conta que os nenos e nenas teñen lóxicas dificultades para facer algunhas das habilidades prácticas que conleva a aprendizaxe das técnicas básicas de reanimación (realización de masaxe cardíaco) debido as súas características físicas. Non obstante, os menores son capaces de aprender estas e outras cuestións teóricas relacionadas co soporte vital (acceso ao sistema de emerxencias médicas, consciencia, uso do desfibriladores, etc) polo que é posible implementar unha formación por niveis, empezando por cuestións básicas na etapa de educación infantil para ir introducindo paso a paso os coñecementos e habilidades de acordo coa idade e ciclo formativo.

En España puxeronse en marcha nos últimos años varios programas piloto de ensinanza de RCP a escolares que demostraron que os nenos e nenas son capaces de asimilar os coñecementos e habilidades necesarias para a realización de maniobras de reanimación, así como de transmitilos entre os seus propios familiares e amigos.

O contido das charlas, efectuadas por personal do Servizo de Protección Civil, adaptase, polo tanto, á idade dos asistentes. Os obxectivos xerais en todo caso son os seguintes:

  • Explicar o uso correcto do número 112 e dos servizos de emerxencias.
  • Instruir aos escolares sobre medidas de autoprotección e de prevención de accidentes domésticos.
  • Ensinar os pasos da reanimación cardiopulmonar (só coas mans en nenos e nenas menores de 10 anos) e da desobstrucción da vía aérea para personal lego.

Para dar este tipo de charlas usanse manequíns de reanimación, con exercicios de reanimación como culminación dunha primeira parte teórica. En total, a charla dura aproximadamente 50 minutos.