Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

XXVIII Mostra de Teatro Escolar

Información xeral
Descrición

Programa de teatro escolar que consiste nunha Mostra das obras representadas polos centros educativos do Concello.

Persoas destinatarias

Alumnado integrante dos grupos de teatro de centros educativos do Concello.

Os centros poderán inscribir ao seguinte nº de grupos distribuidos por etapas educativas:

  • Educación infantil e primaria: ata tres grupos por centro.
  • Educación secundaria: ata dous grupos por centro
Período de realización

A mostra realizarase nos meses de marzo a xuño.

Condicións do programa
  • A representación teatral deberá axustarse, como mínimo e máximo, á seguinte duración:
    • Educación infantil: entre 10 e 20 minutos.
    • Educación primaria: entre 15 e 30 minutos.
    • Educación secundaria: entre 30 e 60 minutos.
  • Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutros dous máis da mesma etapa educativa.

O centro que recibe deberá garantir:

  • A presenza dunha persoa responsable do centro durante a representación
  • A atención aos actores e actrices
  • O acondicionamento do espazo
  • A asistencia de alumnado de idades similares
  • A convivencia entre os membros dos grupos

  • O transporte será responsabilidade do Concello.
  • A escenografía non poderá exceder dos 2,15 m. de largo para facilitar o transporte no autobús. No caso de que sexa maior, o seu transporte será responsabilidade do grupo participante.

  • É condición imprescindible a asistencia a unha reunión de coordinación cuxa data, hora e lugar confirmarase na páxina web educativa e comunicarase á coordinación de cada grupo.
  • Os grupos de teatro que non asistan a esta reunión non participarán no programa.

Custo

AXUDA ECONÓMICA:

Unha vez finalizado o programa, o Concello, en función dos grupos participantes, poderá outorgar unha axuda de ata 250,00 € por grupo para gastos de montaxe ou posta en escea.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro de 2016

Ficha de solicitude específica "CORUÑA NO TEATRO: MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR"

Do 12 ao 30 de setembro de 2016

AVISO: A ficha de solicitude específica volverá a abrirse desde o 23 de xaneiro ata o 3 de febrero de 2017 para completar a información dos grupos e das obras a representar

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro de 2016

Ficha de solicitude específica "CORUÑA NO TEATRO: MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR"

Do 12 ao 30 de setembro de 2016

AVISO: A ficha de solicitude específica volverá a abrirse desde o 23 de xaneiro ata o 3 de febrero de 2017 para completar a información dos grupos e das obras a representar

Contacto
Información de contacto

Ana Botana Pérez

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00

Fax: 981 18 43 70