Referencias lexislativas para os Consellos Escolares

REFERENCIAS LEXISLATIVAS PARA OS CONSELLOS ESCOLARES

Na Resolución do 5 de outubro de 2007 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións para a constitución do consello escolar en centros escolares de nova creación e outros sostidos con fondos públicos, fanse referencias lexislativas a ter en conta:

No punto 6 do artigo 126 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, LOE, establécense que corresponde ás Administracións educativas determinar o número total de membros do Consello Escolar e regular o proceso de elección, polo que, ao abeiro do establecido na disposición transitoria undécima da LOE e dado que este precepto remite a ulteriores disposicións regulamentarias que aínda non foron ditadas, son de aplicación as normas dese rango que o viñan sendo á data de entrada en vigor da LOE, sempre que non se opoñan ao disposto nela.

Pola súa parte, o Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e os Decretos 324/1996, do 26 de xullo, 374/1996, do 17 de outubro, e 7/1999, do 7 de xaneiro, establecen as condicións de celebración das eleccións dos membros dos consellos escolares nos centros docentes.

A Orde do 21 de outubro de 1996, ploa que se determinan aspectos para a elección dos membros do consello escolar nos centros docentes non univeersitarios sostidos con fondos públicos, establece o precedemento de integración no consello escolar dos profesores, dos alumnos e dos pais dos alumnos do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria que cursen estudios nun centro de primaria, e determina a composición dos consellos escolares dos institutos de educación secundaria con menos de oito unidades.

A Orde do 28 de agosto de 1996 pola que se regula o procedemento de elección dos órganos de goberno dos centros privados concertados, establece que dito procedemento realizarase de acordo co regualamentado nesa orde e que nos aspectos non previstos nela haberá que aterse ao establecido para os centros públicos no Decreto 92/1988, do 28 de abril, modificado polo Decreto 324/1996 ,do 26 de xullo.

Procedemento establecido para as elección a consellos escolares:

  1. Para os centros de educación infantil, primaria e secundaria, na Orde desta consellería de 21 de outubro de 1996 (DOG, 22/10/1996).

  2. Para os centros públicos integrados, no artigo 11 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG, 26/01/1999)

  3. Para os centros públicos de ensino non universitario de características singulares , de educación especial e de educación de adultos, na Orde desta consellería do 29 de outubro de 1996 (DOG, 04/11/1996. Corrección de erros: DOG,15/11/1996).

  4. Para os centros privados concertados, na Orde desta consellería do 28 de agosto de 1996 (DOG, 26/09/1996).

Lexislación básica para os consellos escolares:

  • Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (BOE 106, do 4 de maio de 2006)

  • Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación. (BOE do 4 de xullo de 1985 )

  • Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria. (DOG 21/10/1996)

  • Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non univesitarias.(DOG 26/01/1999).

  • Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. (DOG 09/08/1996).