Capacidades Básicas do Representante Municipal

1.- Coñecer e situarse na realidade escolar do centro onde se ha de intervir.

2.- Interpretar e utilizar correctamente os preceptos legais que regulan:

  • A vida profesional do profesorado de centros públicos (función pública, adscrición do profesorado, dedicacións, acceso á docencia, licenzas, etc)

  • A vida administrativa (admisión de alumnos, burocracia escolar, Lei de Procedemento Administrativo, libros e rexistros, etc.)

  • O ámbito de xestión técnico-didáctico (calendarios e horarios, orientacións e programas,leis de normalización lingüística,...)

  • Os órganos de goberno (LODE e disposicións que a desenvolven, etc.)

  • A intervención da administración local ( Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local, etc.)

3.- Dar suxestións e proporcionar elementos para a elaboración de:

  • O Proxecto Educativo de Centro.

  • O Regulamento de Réxime Interno.

  • O Plan Anual de Centro.

  • A Memoria de Centro.

  • Instrumentos de Avaliación formativa interna.

4.- Actuar como canal de transmisión entre o Concello e o Centro para dar a coñecer as actividades dos servizos pedagóxicos municipais e outras prestacións de carácter educativo.

5.- Proporcionar información ao distrito e á área ou concellaría de ensinanza para que poidan coñecer a situación de cada Centro e deseñar plans de actuación que se adecúen ás súas necesidades e expectativas.

6.-Facilitar o coñecemento mútuo e o traballo cooperativo entre o Claustro e a APA, Asociación de Alumnos, Asociación de veciños, Movementos de Profesores da zona e; outros movementos asociativos con incidencia no Centro

7.- Exercer un control social sobre o fucionamento do Consello Escolar, garantindo o cumprimento dos principios democráticos e a observancia dos preceptos legais.

8.- Velar por que a CEC promova unha xestión participativa e democrática do Centro, achegando unha visión externa cualificada respecto dos problemas e as tomas de decisións que son responsabilidade do Consello.

9.- Utilizar os recursos que ofrece o coñecemento da dinámica de grupos co fin de optimizar a eficacia das sesións do Consello.

ANTUNEZ,S. y VINTRO,E.:"Un plan de formación. Cuadernos de Pedagogía . n°- 158. pg.19.