A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Tarifas e servizos

TARIFAS E SERVIZOS

Son comúns a todas as escolas da Rede. As tarifas a aboar polas familias nos distintos servizos para o curso 2016-2017, son as seguintes:

TARIFAS DE ESCOLARIDADE

Estas tarifas cubrirán os custos do horario normalizado de atención educativa (6 horas diarias) e o servizo de orientación.

Calcúlanse en base ao custo do posto escolar que para este curso 2016-2017 é de 2.760 € anuais, dos cales o Concello aporta 1.484 € por cada alumno do municipio matriculado nas escolas da rede. As familias pagarán os 1.276 € restantes en 11 recibos mensuais que deberán ser abonados, inexcusablemente, na súa totalidade, independientemente de que o alumno/a asista ou non á escola no mes de xullo, cuxa asistencia é voluntaria.

Tipos de tarifa:

Establécense en proporción aos ingresos anuais per cápita da unidade familiar:

Tarifa General

Familias con ingresos netos per cápita(*) superiores a 4.377,01 € anuais

116 €/mes

Tarifa A

Familias con ingresos netos per cápita(*) inferiores a 2.923,00 € anuais

49 €/mes

Tarifa B

Familias con ingresos netos per cápita entre 2.923,01 € e 4.377,00 € anuais

79 €/mes

Tarifas gratuitas

Artigo 27.6. No suposto de que unha familia teña máis dun menor matriculado nalgunha das escolas da REIM, o Concello cubrirá o custo total da praza escolar correspondente ao segundo ou, no seu caso sucesivos fillos/as.

Artigo 27.7. O Concello cubrirá o custo total de, polo menos, o 2% das prazas ofertadas en cada escola da REIM. A estas prazas só poderán optar aquelas familias cunha renda anual por unidade familiar inferior ao 100% do IPREM.

0€/mes

Os/as alumnos/as non empadroados/as no municipio da Coruña pagarán o custo do posto escolar na súa totalidade, sen a bonificación do Concello: 250€/mes.

(*) A renda per cápita da unidade familiar será a resultante da suma total dos ingresos anuais de todos os membros da unidade familiar, dividida entre o número de persoas que compoñen a dita unidade familiar. A estes efectos, considerarase unidade familiar a formada polos fillos/as solteiros menores de 25 anos (ou fillo/a discapacitado/a calquera que sexa a súa idade) que convivan co contribuyente e non teñan rendas anuais (agás as exentas), que figuren no Libro de Familia e no padrón municipal. No caso de familias monoparentales, incrementarase en 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

OUTRAS TARIFAS COMPLEMENTARIAS

  • COMEDOR: 70 €/ mes
  • ALMORZOS: 12 €/mes
  • MERIENDAS: 20 €/mes
  • AMPLIACIÓN DE XORNADA: por cada hora de ampliación 14 €/ mes