A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Normativa

Todas as escolas da Rede municipal funcionan de forma coordinada, e ríxense pola normativa autonómica que regula as escolas infantís de 0 a 3 anos, así como polo establecido no Novo Regulamento de Organización e Funcionamento das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) do Concello da Coruña, publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 72 do 15 de abril de 2014.

Acceso ao BOP