A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

30 anos de aprendizaxe en Monte Alto

En 1987 naceu a Escola Infantil Municipal de Monte Alto grazas ao esforzo de Montse Sancho e Mercedes López. Trinta anos despois, é momento de celebrar. Exalumnos, familiares e traballadores cítanse mañá no centro para lembrar bos momentos a través de fotografías que rescataron as profesoras e que poñerán o toque emotivo a unha cita que esperan repetir nun futuro para seguir festexando a súa actividade. Os pais aseguran que volverían levar alí aos seus fillos e os fillos, aínda que con algunha dificultade, lembran aquela etapa como unha das mellores da súa infancia.

Image

Cando Montse Sancho e Mercedes López uniron as súas forzas e ilusión para abrir a Escola Infantil Municipal de Monte Alto en 1987, non pensaron que 30 anos despois converteríase en "unha gran familia", como elas mesmas definen. Aínda que o seu labor é ensinar, confesan que "o máis importante" é que aprenden día a día dos pequenos. "É a mellor profesión", atrévese a dicir Montse, que lembra a todos e cada un dos nenos e nenas que pasaron pola escola. "O outro día díxenlle a unha nai que aínda tiñamos o mandilón de Diego aquí e el xa ten 32 anos", conta entre risas.

Toda unha vida entre xoguetes, libros e cueiros. Pero Mercedes sinala que "pasou voando". "Vivímolo intensamente", apunta. Para celebrar o aniversario, a escola organiza mañá un encontro que supoñerá "un paseo polos recordos". Estes días, as profesoras recuperaron obxectos e fotografías para poñer o punto emotivo á festa, na que se reunirán antigos alumnos e familiares que foron convocados a través das redes sociais e mediante o boca a boca.

Patricia Losada e Roberto Rodríguez son dous exemplos dos centos de nenos que deron os seus primeiros pasos no centro. Patricia ten agora 25 anos e é profesora de Infantil. Lembra "poucas cousas" da súa etapa como alumna en Monte Alto pero quedóuselle gravado o concepto de amizade. "A cuadrilla era o máis importante e eramos moi amigos porque tamén compartiamos o grupo de teatro e pasabamos moito tempo xuntos". Para non perder a súa relación coas profesoras, acode a diferentes actos e acompáñalles en actividades como o Día da Ciencia na Rúa.

Roberto tampouco perdeu o contacto, sobre todo porque a súa nai traballa na escola. Gustoulle que o seu fillo seguise os seus pasos, pero "agora vai por puntos e non puido entrar aquí". Aos seus 32 anos, comenta que garda "moi bos recordos" e explica que "dá moita confianza ás familias ver que levan 30 anos traballando".

Confírmano Javier Pena e Julia Manteiga, pais de Gemma. Xa ten 26 anos pero cando era pequena gozaba cos xoguetes da Sirenita dentro e fóra do centro. Javier foi un dos primeiros pais do APA e lembra que "había unha boa relación entre todos" e sempre tentaban "axudar" ás profesoras "para organizar actividades e celebracións". "Son xente marabillosa", agrega Julia. O matrimonio asegura que se tivesen "outro fillo, tamén iría a esta escola". Iso fixo Paula Martínez. Cando a escola tiña poucos anos de vida, desempeñou as súas prácticas aí durante dous cursos e en canto quedou embarazada soubo onde mandar aos seus nenos, que agora teñen 9 e 14 anos. "Foi unha experiencia moi boa e os meus fillos aprenderon a ser amigos dos seus amigos", declara.

Todos eles teñen o seu oco nas orlas que colgan polo centro, que garda multitude de recordos que sairán á luz mañá nun día moi especial tanto para traballadores como alumnos. De agora e de sempre. Non faltará á cita Maribel Fernández, que ata hai 10 anos era a cociñeira da escola. "Os nenos son un amor e foi unha experiencia fantástica", manifesta. Non sente morriña porque vive xusto á beira e pode seguir os pasos dos pequenos desde a súa xanela. "Sempre estou por aquí así que sinto coma se fose unha máis da casa". E sí que o é.

Todos e cada un dos que pisaron a escola forman parte da súa historia e deses 30 anos de aprendizaxe e ensino. Montse e Mercedes aínda se emocionan ao lembrar como comezou todo. Non se esconden e afirman que os inicios foron moi duros pero "valeu a pena". Téñeno claro. "Temos un marco de relacións inmenso con familiares, alumnos, administracións... Hai pais que acabaron sendo amigos".

A ilusión de ambas permanece intacta. Nótase cando falan da súa escola, dos seus nenos e do que crearon, unha familia. O 30 de xuño cúmprense 30 anos dese nacemento e esperan que as celebracións continúen nun futuro. Mercedes e Montse non dubidan en que desexan seguir traballando cos pequenos, "que non teñen filtro e danlle valor a todo", aínda que nalgún momento tocaralles ceder o seu sitio para velo desde outra perspectiva.

Fonte: laopinioncoruna.es