A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Requisitos e criterios

REQUISITOS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

REQUISITOS DE ACCESO: segundo o Regulamento de Organización e Funcionamento da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña (BOP 15 de abril de 2014). Art. 24.3

  • Ter cumpridos, como mínimo, os 3 meses de idade na data de comezo do curso, e non ter cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do 2017
  • Poderase flexibilizar este requisito para aqueles/as menores con NEAE susceptibles de integración. Para iso, presentarase ante a Comisión de Escolarización un informe do Equipo de Orientación Específico ou outra entidade pública especializada, en que se certifique oficialmente a discapacidade, acompañada dun informe da Dirección da escola en que se valore se os recursos estruturais, materiais e humanos de que dispón son os adecuados para a educación e atención do/a menor.

CRITERIOS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

1. Criterios de prioridade

  • En primeiro lugar, terán preferencia para obter praza nas EIM os/as menores que acrediten vivir empadroados/as no Concello con algún dos seus proxenitores e titores con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita a praza.
  • En segundo lugar, e se existisen vacantes, poderán obter praza os/as menores empadroados/as no Concello con posterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita praza.
  • En terceiro lugar, e se existiren vacantes, poderán obter praza os/as menores empadroados/as noutros concellos, sempre que algún dos seus proxenitores ou titores traballe nunha entidade pública ou privada situada no termo municipal do Concello.
  • En cuarto lugar, e se existisen prazas vacantes, poderán obter praza menores doutros concellos.

2. Criterios de baremación:

1.- Renda anual da unidade familiar:

Tramos para puntuar a renda anual da unidade familiar:

  • Inferior ao 100% do IPREM (inferior a 7.455,13 €): 4.00 puntos
  • Entre o 100% e inferior ao 125% do IPREM (entre 7.455,14 € e 9.318,91 €): 3.75 puntos
  • Entre o 125% e inferior ao 150% do IPREM (entre 9.318,92 € e 11.182,70 €): 3.50 puntos
  • Entre o 150% e inferior ao 175% do IPREM (entre 1.182,71 € e 13.046,48 €): 3.25 puntos
  • Entre o 175% e inferior ao 200% do IPREM (entre 13.046,49 € e 14.910,27 €): 3.00 puntos
  • Entre o 200% e inferior ao 225% do IPREM (entre 14.910,28 € e 16.774,05 €): 2.75 puntos
  • Entre o 225% e inferior ao 250% do IPREM (entre 16.774,06 € e 18.637,84 €): 2.50 puntosç
  • Entre o 250% e inferior ao 275% do IPREM (entre 18.637,85 € e 20.501,62 €): 2.00 puntos
  • Entre o 275% e inferior ao 300% do IPREM (entre 20.501,63 € e 22.365,41 €): 1.50 puntos
  • Entre o 300% e inferior ao 325% do IPREM (entre 22.365,42 € e 24.229,19 €): 1.00 puntos
  • Entre o 325% e inferior ao 350% do IPREM (entre 24.229,20 € e 26.092,98 €): 0.50 puntos
  • Superior ao 350% do IPREM (superior a 26.093,00 €): 0.00 puntos

IPREM= Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, contía para o 2015: 7.455,14€/ano

Datos tributarios: referidos aos cadros 380 e 395 da declaración da renda do ano 2015

2.- Situación sociofamiliar:

  • Minusvalía do menor solicitante (mínimo 33%): 3 puntos
  • Condición de familia numerosa: 3 puntos
  • Irmáns/ás solicitando praza simultáneamente: 3 puntos
  • Primer irmán/á con praza renovada na REIM: 3 puntos
  • Por cada membro da unidade familiar: 2 puntos
  • Condición de familia monoparental: 2 puntos
  • Por cada membro da unidade familiar afectado por discapacidade que non sexa o/a menor para o/a que se solicita a praza (mínimo 33%): 2 puntos
  • Por cada un dos irmáns/ás seguintes con praza renovada na REIM: 1 punto

3.- Situación laboral

  • Ocupación da nai (mínimo 4 horas diarias): 4 puntos
  • Ocupación do pai (mínimo 4 horas diarias): 4 puntos
  • Situación laboral de desemprego da nai: 2 puntos
  • Situación laboral de desemprego do pai: 2 puntos

No caso de familia monoparental a puntuación correspondente neste apartado, adxudicaráse multiplicada por dous.

3. Criterios de desempate para aplicar en orden preferente:

  1. Maior puntuación por irmáns/ás nas escolas da REIM (con praza renovada)
  2. Presentación da solicitude de praza para máis dun/unha irmán/a no mesmo curso escolar
  3. Discapacidade do/a menor solicitante
  4. Situación laboral de ocupación de ambos proxenitores ou titores así como do pai ou nai no caso de familia monoparental
  5. Puntuación por outros membros a cargo da unidade familiar
  6. Minusvalía doutro membro da unidade familiar
  7. Maior puntuación por renda
  8. Sorteo de letra realizado pola Consellería competente na materia. (Primeiro apelido “I” e “I”. Segundo apelido: “Ñ” e “X”)