Condicións de uso

(Intranet Educativa Municipal)

O Excmo. Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Educación, ofrece aos Centros Educativos de ensinanzas non universitarias do concello un servizo de Periódicos Escolares Dixitais na web educativa www.edu.coruna.es.

Neste servizo de Periódicos Escolares Dixitais, cada centro educativo poderá publicar multitude de contidos atendendo á grande diversidade de seccións que presenta: novas, artíigos, foros de discusión, galería de fotografías, vídeos, ligazóns de interese, etc; así como, rectificar ou borrar os seus contidos sen intervención algunha por parte do Concello.

O seu obxectivo principal é divulgar a información elaborada polos centros educativos nos seus periódicos favorecendo a conexión con outros centros ou personas interesadas nos contidos publicados cos que se poida compartir coñecemento; ademáis de potenciar o uso interactivo da web educativa municipal como medio para facilitar ao alumnado a iniciación á aprendizaxe das tecnoloxías da información e comunicación.

O Centro Educativo pode solicitar a creación de máis dun Periódico Escolar Digital, sempre e cando teñan realmente distintos obxectivos e contidos. A cada un dos periódicos aplicaránselle individualmente estas condicións; e deberá firmarse un documento de acordo por cada un de eles, indicando un/unha profesor/a responsable distinto e unha dirección de correo electrónico distinta para ter claves de acceso diferentes.

Compromisos do Centro Educativo

  1. O Centro Educativo acepta que nin o Concello da Coruña, nin os seus administradores, serán responsables polo uso da información que ofrece o Periódico Escolar Dixital nin pola entrega, a calidade, os vicios ou calquera outro defecto que poidesen presentar a información, os servizos, ou os produtos, ou outros materiais expostos, adquiridos ou obtidos como consecuencia da información, publicidade, invitacións e ofertas que se fagan a través dos mesmos.

  2. O Centro Educativo nomeará a un/unha profesor/a responsable da xestión do Periódico Escolar Dixital, que será o depositario da clave de acceso ao sistema.

  3. O/A profesor/a responsable da xestión do Periódico Escolar Dixital será o encargado de revisar as informacións, os contidos, as fotografías, os arquivos e as ligazóns das distintas seccións, ademáis das opinións vertidas polo alumnado nas seccións de comentarios e nos foros; así como de eliminar aqueles que considere inapropiados para a comunidade educativa.

  4. Do mesmo modo, o/a profesor/a responsable da xestión do Periódico Escolar Dixital accede a revisar o contido dos comentarios manifestados polos lectores do Periódico Escolar Dixital en cualquera artigo que ofreza unha opinión de terceiros; en cualquera caso, ao non ser os seus alumnos autores destes comentarios, a súa responsabilidade se limítase á citada labor de selección.

  5. O centro educativo, a través do/a profesor/a responsable da xestión do Periódico Escolar Dixital, será o responsable de rexeitar, eliminar ou editar ditos contidos, sin previa notificación, atendendo aos seus propios criterios, si son considerados inapropiados para o sistema de Periódicos Escolares Dixitais; sendo os Centros Educativos responsables de calquera contido, arquivos ou fotos que carguen.

  6. A publicación de calquera arquivo, por parte do Centro Educativo no sistema de Periódicos Escolares Dixitales, implica a cesión dos dereitos de publicación na web educativa de maneira gratuita, co objectivo de axudar a toda a comunidade de usuarios/as.

Máis información en arquivo axunto.