Xornada de portas abertas de deporte adaptado de tenis no IES Monte das Moas

Cartel da xornada

A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos en colaboración coa Escola de Tenis Marineda organizan o xoves 22 de marzo esta xornada, que servirá como concienciación sobre a importancia de achegar o deporte a toda a poboación.

A actividade, que se celebrará a partir das 16:15 h no pavillón do instituto, enmárcase dentro do programa municipal Deporte no Centro. Todas as persoas inscritas no grupo de tenis do IES Monte das Moas deste programa poderán disfrutar dunha xornada lúdica e formativa de tenis adaptado. Na xornada participará Juan Gutiérrez, actual subcampión de España de tenis en cadeira de rodas na modalidade de dobres.

Todo o alumnado do IES Monte das Moas, así como o profesorado e as familias, están convidados a asistir e presenciar a xornada.