Visita á planta nobre do Concello da Coruña

O percorrido iníciase na escaleira de honra e transcorre polo salón de sesión, despacho oficial de Alcaldía, andar dos alcaldes, salón real, azul, dourado e vermello. O alumnado en prácticas da Escola de Turismo da Coruña será a encargada de guiar a visita.

Horario:
martes de 9:30 a 10:30 h. dos meses de marzo e abril. Este horario pode ter modificacións por motivos de axenda.

Alumnado destinatario:
O que estea a cursar 4º de ESO nos colexios da cidade.

Inscrición:
A través do correo electrónico educacion@coruna.es desde o 15 ao 28 de febreiro.