VII Festival CinEOI Coruña 2017

Image

O 27 de abril tivo lugar a Gala de entrega de premios CinEOI2017 na Escola Oficial de Idiomas da Coruña, apadrinada polo actor Monti Castiñeiras e ca actuación do dúo Blues do País.

Presentáronse 26 curtas: 8 curtas á categoría absoluta, 14 á categoría xuvenil e 4 á infantil que foron proxectadas o 26 de abril, xunto ca curta “ESTRAGOS” gravada polos 30 alumnos/as do “Obradoiro achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe”, organizado polo Concello da Coruña e impartido por Omar Rabuñal.

Resultando premiadas cos premios outorgados polo Concello da Coruña as seguintes curtas:

  • A “Mellor curta” da categoría absoluta a curtametraxe titulada “NON É PAÍS PARA MOCOSOS” de Juan Sánchez alumno do IES Escola de Imaxe e Son da Coruña.
  • Premio “Ben falado” da categoría xuvenil a curtametraxe titulada “DOBRE IDENTIDADE” de Alba Blanco Rodríguez, Alba Rial Busto, Angélica Ballesteros Flórez, Belén Martinez Rodríguez, Catalina López Novo, Leslizet López Gonzalez-Rubiera e Lucía Sánchez Souto alumnas do IES Manuel Murguía de Arteixo.
  • Premio “Ben falado” da categoría infantil a curtametraxe titulada “ACERO” do CEIP Anxo da Garda da Coruña.

Organizado polo Equipo dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas (EOI) e o Concello da Coruña co obxectivo de promover a creatividade audiovisual en galego, entre os estudantes das EOI da provincia da Coruña (da Coruña, a de Santiago de Compostela e a de Ferrol) e as súas seccións, as Escolas de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e Pablo Picasso, o Conservatorio Profesional de Música da Coruña e Ferrol na categoría absoluta; e estudantes de 3º ciclo de E. primaria, ESO, bacharelato e FP dos centros públicos e concertados do Concello da Coruña nas categorías infantil e xuvenil.

O Concello da Coruña colabora en dúas fases do concurso:

  • Organización e finanzamento do “Obradoiro achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe”.
  • E outorga os seguintes premios:
    • “Mellor curta” na categoría absoluta, consistente en un Curso de Interpretación ou de Cámara e Realización ou de Guión para dúas persoas impartido por Voz Audiovisual e valorados en 750€, cofinanciado polo Concello da Coruña (abono das mensualidades 450€) e Voz Difusión Noticias SLU (matrícula 300€).
    • Os premios “Ben falado” das categorías xuvenil e infantil, consistentes en un lote de libros en galego valorados en 250€, cada un.

A aportación municipal ten un custe total de 2.575,00 €

Mais información:

Canle Youtube:https://www.youtube.com/channel/UC1bFWvhVW154ZfnzCm-lDDw

http://edu.coruna.es/ga/portada/novas_do_servizo_municipal_de_educacion/concurso_vii_festival_cineoi_coruna_2017

CONTACTOS:

Concello da Coruña. Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto. Técnica de Educación. Ext 12038. a.judel@coruna.es

Equipo de Dinamización Lingüística da EOI da Coruña

Anabel Fernández, Coordinadora do Festival.T: 981 279 100

Correo-e: endl.corunha@gmail.com

Facebook: ENDL A Coruña/ENDL da EOI da Coruña