V Festival de Curtas Ópera Prima 2018

No V Festival de Curtas Ópera Prima 2018, que se celebrou o 30 de maio no Ágora, proxectáronse as oito curtas gravadas polo alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria dos oito CEIP que participaron nos “Obradoiros de iniciación á curtametraxe en lingua galega”.

O festival foi presentado polo actor e monologuista Ramiro Neira, e contou coa actuación de Uxía López González, unha das gañadoras do VI Certame de monólogos cómicos en galego 2017. Tamén estiveron a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, que entregou os premios, e o coordinador dos ditos obradoiros, Omar Rabuñal Varela, actor, director e guionista coruñés. Ao eventou asistiu unha gran cantidade de público, entre familiares e compañeiras e compañeiros.

Formaron o xurado:

- Anabel Fernández, coordinadora do ENL da Escola Oficial de Idiomas.

- Pepe Barba, xefe de estudos do CIFP Escola de Imaxe e Son da Coruña.

- Carmen de Miguel, produtora de audiovisual.

- Ana Judel Prieto, técnica de educación do Concello da Coruña, como secretaria.

Outorgou os seguintes premios nas seguintes categorías a:

CATEGORÍAS

CURTAMETRAXES

CENTROS

A MELLOR CURTAMETRAXE

A convención

CEIP Víctor López Seoane

MENCIÓN DE PRATA Á CURTAMETRAXE

Os cinco anos da morte

CEIP Ramón de la Sagra

A MELLOR DIRECCIÓN

Cambio radical

CEIP Raquel Camacho

MENCIÓN DE PRATA Á DIRECCIÓN

O misterio da máscara branca

CEIP Eusebio da Guarda

O MELLOR GUIÓN

Viaxe contrarreloxo

CEIP Manuel Murguía

MENCIÓN DE PRATA AO GUIÓN

Operación desastre

CEIP Anxo da Garda

O MELLOR REPARTO

Loita polas notas

CEIP Rosalía de Castro

MENCIÓN DE PRATA AO REPARTO

The paiaso maldito

CEIP Prácticas

Un total de 98 alumnas e alumnos participantes en ditos obradoiros recibiron un diploma da súa participación, e cada equipo, un trofeo da Torre de Hércules (co corpo da torre de caixas de celuloide), elaborado polo taller de cerámica “Kerámicos” da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) e un diploma.

Ademais, as curtas realizadas no 1º trimestre do curso participaron en abril no “Festival CinEOI Coruña” 2018 (organizado pola Escola Oficial de Idiomas, en colaboración co Concello da Coruña) e as realizadas no 2º semestre participarán na vindeira edición de 2019.