V Festival de curtas Opera Prima 2018

Image

O V Festival de Curtas Opera Prima 2018, ao que está convidada toda a comunidade educativa do concello da Coruña, celebrarase o mércores 30 de maio, ás 19.00h, no Ágora.

Nesta gala proxectaranse as 8 curtametraxes realizadas polo alumnado de 5º e 6º de primaria dos "Obradoiros de iniciación á curtametraxe en galego" do curso 2017/18, coordinados e dirixidos por Omar Rabuñal Varela: actor, director e guionista coruñés.

Presentará a gala Ramiro Neira, actor e monologuista, e contará coas actuacións dalgúns dos gañadores e participantes do “V Certame de monólogos cómicos en lingua galega 2017”, así como coa presenza da Concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, quen, xunto cos membros do xurado, entregará os premios e diplomas aos 98 participantes.

Centros, participantes e curtametraxe:

CENTRO

Nº alumnado

TÍTULO DA CURTAMETRAXE

CEIP Manuel Murguía

19

Viaxe contrarreloxo

CEIP Ramón de la Sagra

12

Os cinco anos da morte

CEIP Anxo da Garda

18

Operación desastre

CEIP Prácticas

11

The paiaso maldito

CEIP Rosalía de Castro

7

Loita polas notas

CEIP Raquel Camacho

18

Cambio radical

CEIP Eusebio da Guarda

8

O misterio da máscara branca

CEIP Victor López Seoane

5

A convención

TOTAL: 8 CENTROS

98

8 curtametraxes

O xurado, que outorgará os premios das categorías á mellor curtametraxe, mellor dirección, mellor guión e mellor reparto, estará formado por:

- Anabel Fernández, coordinadora do ENL da Escola Oficial de Idiomas.

- Carmen de Miguel, produtora.

- Pepe Barba, xefe de estudos do CIFP Escola de Imaxe e Son da Coruña.

- Ana Judel Prieto, técnica de educación do Concello da Coruña, que actuará como secretaria.

As curtas realizadas no 1º trimestre do curso foron seleccionadas para participar no “Festival CinEOI Coruña” 2018 -organizado pola Escola Oficial de Idiomas, en colaboración co Concello da Coruña- e as realizadas no 2º semestre do curso participaran no devandito festival de 2018.

O alumnado participante recibirá un diploma sobre a realización do obradoiro expedido polo Concello da Coruña, e un trofeo da Torre de Hércules para cada equipo, elaborado polo taller de cerámica “Kerámicos” da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM).