Reunión coas familias seleccionadas e proba de inglés do programa Junior Year 2018-19

A reunión informativa coas familias seleccionadas farase o luns 26 de febreiro ás 19:00 h no CCM Os Mallos. A esta reunión teñen obriga de acudir as familias* seleccionadas no posto 1 ao 60 (anexo I) e recoméndase que acudan tamén as familias que están nos postos 61 ao 70 da listaxe de agarda.

*as persoas que deberían a asistir á reunión informativa son a seleccionada no proceso xunto con algún adulto da súa familia, no caso de que teñan algún problema para asistir poden enviar a alguén en representación da familia.

O exame de inglés obrigatorio para achegar no dossier que se envía á organización americana farase o mércores 28 de febreiro ás 18:30 h. no CCM Os Mallos. Esta proba teñen que facela todas as persoas que desexen continuar no proceso, polo que deberán acudir tamén ao exame as persoas incluidas na listaxe de agarda (a decisión de acudir ou non a facer a proba, no caso das persoas que estean na listaxe de agarda, é persoal de cadaquén).