Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas nos programas Acoreuropa VI e VII

O Servizo Municipal de Educación publica as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección da terceira convocatoria do programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI (ciclos medios de FP) e na convocatoria única do programa Acoreuropa VII (ciclos superiores de FP).

A partir da data de publicación ábrese un prazo de dez días hábiles para presentar posibles reclamacións ou alegacións, que deben ser presentadas en calquera dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias á que se refire a Lei 39/2015, de 2 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Convócase ás persoas incluídas nas listaxes de admitidas á entrevista persoal, de acordo aos seguintes horarios e datas:

Programa Acoreuropa VII

Martes, 15 de maio:

- 9.30 horas: as persoas co número de identificación incluído entre o 1 e o 21, ambos incluídos

- 10.30 horas: as persoas co número de identificación incluídos entre o 22 e o 42, ambos incluídos

- 12 horas: as persoas co número de identificación incluído entre o 47 e o 76, ambos incluídos

Programa Acoreuropa VI

Mércores, 16 de maio:

- 10 horas: as persoas co número de identificación incluído entre o 51 e o 65, ambos incluídos

- 11 horas: as persoas co número de identificación incluído entre o 66 e o 85, ambos incluídos

As entrevistas terán lugar na sede do Servizo Municipal de Educación (avenida da Marina, 18, situada frente ao edificio de Correos), na súa planta baixa.

O número de identificación é o indicado como número de identificación de expediente na ficha de inscrición e que figura como referencia durante o proceso de selección.

Aquelas persoas que non poidan acudir á entrevista por unha causa xustificada deben comunícalo a través do enderezo electrónico educacion@coruna.es ou chamando ao teléfono do Servizo Municipal de Educación que figura máis abaixo para, de esta manera, establecer outra data e horario para a realización de dita entrevista.

As persoas que non acudan ás entrevistas quedarán excluídas do proceso de selección, aínda que o Servizo Municipal de Educación adecuará a súa realización as necesidades e características de cada persoa solicitante.

Todas as personas deben estar provistas do seu NIF, pasaporte ou NIE.

MÁIS INFORMACIÓN E ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS:

Servizo Municipal de Educación

Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª pranta. 15001 A Coruña

Correo-e: educación@coruna.es

Teléfono: 981 184 200, extensión 12114