Publicación da listaxe de persoas seleccionadas na segunda convocatoria do Proxecto Acoreuropa VI

O Concello da Coruña publica a listaxe provisional de persoas seleccionadas no proceso de inscrición da segunda convocatoria do proxecto Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI.

Os destinos das persoas seleccionadas para desenvolver as súas mobilidades en Austria e Irlanda quedan pendentes da confirmación definitiva por parte dos socios intermediarios neses países.

As persoas seleccionadas que teñen como destino Portugal quedan convocadas a unha reunión o luns, 5 de marzo, ás 12 horas, na segunda planta da sede do Servizo Municipal de Educación, sita na avenida da Mariña, 18.

O resto de persoas seleccionadas quedan convocadas a unha reunión o luns, 12 de marzo, ás 12 horas, na sede do Servizo Municipal de Educación.

O proxecto Acoreuropa VI é desenvolvido pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, contando coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

As bolsas permitirán o desenvolvemento de prácticas formativas durante tres meses en empresas de Italia, Irlanda, Austria, Francia e Portugal.

Aclaracións e dúbidas:

Servizo Municipal de Educación
Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª pranta. 15001 A Coruña
Correo-e: educacion@coruna.es
Teléfono: 981 184 200, extensión 12114