Programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI

As entrevistas ás persoas inscritas para participar na primeira convocatoria do programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI terán lugar o xoves 18 de maio nas dependencias do Servizo Municipal de Educación, ubicadas na avenida da Marina, 18.

As entrevistas desenvolveranse de acordo á seguinte distribución horaria:

  • De 9 a 10 horas: participantes procedentes do CIFP Anxel Casal
  • De 10 a 11 horas: participantes procedentes do Centro de Formación da Cruz Vermella e CIFP Paseo das Pontes
  • De 12 a 13 horas: participantes procedentes do IES Urbano Lugrís (3), CPR Grande Obra de Atocha e CPR Liceo la Paz
  • 13 horas: participantes procedentes do IES A Sardiñeira, CIFP Someso, IES Fernando Wirtz e IES Ramón Menéndez Pidal.

Todas as persoas teñen que acudir provistas do seu DNI ou documento identificativo.

Aquelas persoas que non poidan asistir ás entrevistas por motivos xustificados poden concertar outra data ou horario a través do correo electrónico educacion@coruna.es ou chamando ao teléfono 981 184200, extensión 12114.