Proceso de admisión de alumnado na REIM. Curso 2016-2017

O Concello da Coruña pon en marcha un ano máis o proceso de admisión de alumnado na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o próximo curso 2016-2017. Estas escolas son A Caracola, Agra do Orzán, Arela, Carricanta, Los Rosales, Luis Seoane, Monte Alto, Os Cativos e Escola Infantil Carmen Cervigón. Como en anos anteriores, só se permitirá solicitar praza en dúas escolas infantís da Rede municipal como máximo.

A primeira fase deste proceso está dirixida ao alumnado destas escolas que desexen renovar praza, e deberán facelo nas propias escolas do 31 de marzo ao 12 de abril. A partir do 14 de abril faranse públicas as prazas dispoñibles por idades en cada Escola.

As letras que se utilizarán en caso de desempate serán as “H” e “C” para o primeiro apelido e “E” e “A” para o segundo apelido.

A segunda fase, a admisión de solicitudes para os/as novos/as alumnos/as, abrirá o seu prazo do 18 de abril ao 6 de maio. Os impresos de solicitude de praza poderanse descargar dende esta web a partir do 18 de abril.

Acceso a REIM