Proceso de admisión de alumnado en centros docentes de Ed. Infanti, Primaria e Secundaria. Curso 2017/2018

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS. CURSO 2017/2018

Dacordo coa Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, que establece os trámites de procedemento, o calendario de prazos para a súa tramitación, a forma de valorar os criterios xerais de admisión; e da Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/17), pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013, débese ter en conta a seguinte información:

  • As prazas vacantes e reserva para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, publicaranse xunto cos postos escolares vacantes antes de 1 de marzo, en cada centro educativo conforme ás propostas da dirección dos centros públicos e da titularidade dos centros privados e concertados.
  • O proceso de presentación das solicitudes de admisión abrangue do 1 ao 20 de marzo de 2017, ambos incluídos.
  • A solicitude débese presentar no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) co formulario normalizado (ED550B) -que se publica como anexo I da orde do 25 de xaneiro de 2017- e que será facilitado gratuitamente nos centros docentes e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación http://www.edu.xunta.gal/portal/.
  • Os centros educativos facilictarán tamén unha copia ás persoas interesadas que a soliciten.

O MAPA DAS ZONAS DE INFLUENCIA dos centros docentes públicos e privados concertados do municipio para o curso 2017/2018 non tivo modificacións respecto ao curso pasado.

Ademáis de nesta web (no banner de “Escolarización”), o mapa tamén se pode consultar nas oficinas de rexistro do Concello (María Pita, Fórum, Ágora e Mesoiro), nas bibliotecas municipais e no Servizo Municipal de Educación.

As familias con fillos ou fillas nados no ano 2014 empadroados/as no noso Concello recibirán no seu domicilio a seguinte DOCUMENTACIÓN:

  • unha carta do alcalde
  • o certificado de empadroamento
  • información sobre o proceso de admisión
  • un directorio dos centros educativos públicos e concertados da cidade.

PARA MÁIS INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS:

Servizo Territorial de Inspección Educativa no Edificio administrativo de Monelos. Pza. Luís Seoane, s/n. Teléfonos 981 184 797 / 981 184 787 / 981 184 778 inspeccion.coruna@edu.xunta.es

Pode consultar toda a información relacionada coa escolarización do curso 2017/2018 no apartado de Escolarización da Web Educativa