Premios do VI Certame de Monólogos Cómicos en Lingua Galega

O mércores 20 de decembro celebrouse no Teatro Rosalía de Castro a gala do VI Certame de Monólogos Cómicos en Lingua Galega 2017, organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña.

Presentáronse 54 alumnos/as de 5 centros educativos da cidade, que representaron 29 monólogos: 15 na categoría A (1.º e 2.º da ESO), 8 na B (3.º e 4.º da ESO) e 6 na C (bacharelato e FP).

O xurado estivo formado por:

- Pedro Brandariz, humorista e monologuista

- Adelaida Pittaluga, docente teatral e actriz

- Xulia Rigueiro García, técnica de Normalización Lingüística do Concello da Coruña

- Secretaria: Ana Judel Prieto, técnica de Educación do Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña

Despois de valorar a orixinalidade do texto, a súa calidade lingüística, a corrección e fluidez, a dramatización dos monólogos e, negativamente, se se excedían dos cinco minutos establecidos como tempo límite, outorgaron os seguintes premios:

CATEGORÍA A (1.º e 2.º da ESO)

- 1.º premio: O móbil: o teu mellor amigo, de Uxía López González, Elba Reboredo Álvarez e Antía Riestra Rodríguez, do CPR Andaina

- 2.º premio: Móbil familiar, de Daniel Novoa Rodríguez, Daniela Lumbreras Vázquez e Iván Pérez Cancela, do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta)

CATEGORÍA B (3.º e 4.º da ESO)

- 1.º premio: O twitear non ten cancelas, de David Gago Alemparte e Juan Vázquez González, do CPR Andaina

- 2.º premio: Espiar os veciños, de Sara Ruíz Platero, do CPR Salesiano San Juan Bosco (Salesianos)

CATEGORÍA C (bacharelato e ciclos formativos de FP):

- 1.º premio: Que complicado é ver unha serie!, de María Ruíz Platero, do CPR Salesiano San Juan Bosco (Salesianos)

- 2.º premio: As series da TV, de Coral López Viqueira, do IES Monte das Moas

O acto, presentado polo actor Ramiro Neira, contou coa actuación da formación Jazz Up da Escola Municipal de Música, composta por Lois Rivera (saxo), Paula García (piano), María Rodríguez (baixo) e Dani Hermida (batería); e coa participación da concelleira de Xustiza social e Coidados, Silvia Cameán, na entrega de premios.

A gala tivo un grande éxito de público, cun total de 600 espectadores que encheron o patio de butacas do teatro e varios palcos.

Grazas a todas e todos pola vosa participación e asistencia! Esperámosvos na convocatoria de 2018!