Os Macroencontros de patinaxe celebraranse do 4 ao 7 de xuño no Pazo dos Deportes de Riazor

Coma en anos anteriores, nestes encontros os nenos e nenas participantes nas escolas deportivas de patinaxe do programa “Deporte no centro” amosarán ás súas familias e aos participantes doutros centros algunhas das aprendizaxes adquiridas neste curso. Enmarcado, todo, dentro dun ambiente lúdico, onde a participación e a diversión son os obxectivos de ditos encontros.

As actividades de patinaxe (prepatinaxe I e II e patinaxe I e II) son, con diferenza as máis demandadas no programa “Deporte no centro”, sendo ademais as que teñen máis continuidade, pois van dende o segundo ciclo de Educación Infantil ata Bacharelato. Así, os 71 grupos de patinaxe constituidos este curso supoñen o 38,14% de todas as actividades deportivas do dito programa, con 960 participantes (226 nenos e 734 nenas) de 20 centros.

O horario, aproximado, dos macroencontros será de 16.30 a 18.00 horas. O acceso para os espectadores realizarse a partir das 16.15 horas.

O calendario de participación dos centros é o seguinte:

DATA

CENTROS

Luns, 4 de xuño

CEIP Juan Fernández Latorre

CEIP Rosalía de Castro

CEIP San Francisco Xabier

IES Elviña

IES Monte das Moas

Martes, 5 de xuño

CEIP Anxo da Garda

CEIP Concepción Arenal

CEIP Labaca

CEIP Salgado Torres

CEIP Sanjurjo de Carricarte

Mércores, 6 de xuño

CEIP Curros Enríquez

CEIP Manuel Murguía

CEIP Mª Barbeito

CEIP Prácticas

CEIP Víctor López Seoane

CEIP Zalaeta

Xoves, 7 de xuño

CEIP Alborada

CEIP Manuel Murguía

CEIP María Pita

CEIP Sal Lence

Máis información:

http://fedapascoruna.org/2018/06/01/encontros-de-patinaxe-2018/