Presentación aberta ao barrio

A comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte, co alumnado de 5º e 6º como protagonistas, xunto coas concelleiras de Participación e Xustiza Social, presentáronlle ao barrio de Monte Alto o proceso participativo O Noso Patio, buscando a súa complicidade para as fases onde se materialicen os desexos e necesidades do centro para a reformulación dos patios e accesos.

A Asociación de vecinos Atochas-Monte Alto, a Biblioteca Municipal,o Centro Cívico Municipal de Monte Alto e a EIM Monte Alto, sumáronse á iniciativa ofrecendo a súa colaboración.