O noso patio

Image

Dende outubro do 2016, a Concellaría de Participación e Innovación Democrática, xunto con Xustiza Social e Coidados e Rexeneración Urbana, apoian cun equipo de mediación externo o proceso participativo O Noso Patio. Este proxecto naceu da man de parte da comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte no curso 2015-2016 co obxectivo de repensar os patios do centro e os seus accesos.

Tras as reunións con todos os círculos implicados, dende as familias, o persoal non docente e o profesorado até os propios nenos e nenas, iranse sucedendo diversas actividades até chegar a unha maqueta que recolla desexos e necesidades da comunidade educativa para este espazo.

O barrio de Monte Alto está tamén atento ao proceso que están levando as súas veciñas e veciños máis miúdos, e diversas entidades da zona amosaron xa o seu apoio e interese.