Natación escolar 2017/2018

DESCRICIÓN

O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña oferta, para escolares dos centros educativos públicos da cidade o programa de Natación Escolar co fin de posibilitar aos escolares da cidade un aprendizaxe significativo no medio acuático e unha mellora das suas técnicas de natación.

O programa desenvólvese durante o curso escolar, nas piscinas municipais, nunha sesión semanal dentro do horario extraescolar.

PERSOAS DESTINATARIAS

Alumnado 3º e 4º de educación primaria.

As solicitudes de escolares con N.E.E., serán valoradas polo Servizo Municipal de Deportes en función da adecuación do programa as súas necesidades e disponibilidad de recursos.

PERÍODO DE REALIZACIÓN

De outubro de 2017 a maio de 2018

HORARIO

De 16:15 a 18:00

Un día á semana cunha duración de 45 minutos.

Consultar horarios en cada centro educativo

CUSTO

A cota será de 53.47 € por participante.

A inscrición no programa inclúe trasporte gratuito para os/as participantes desde o centro educativo

INSCRICIÓN CENTROS

Ficha de solicitude xeral

Do 04 ao 15 de setembro

INSCRICIÓN ALUMNADO

Na ANPA dos seus centros

Do 04 ao 15 de setembro de 2017

O inicio da actividade será o 2 de outubro de 2017

MÁIS INFORMACIÓN

Cada centro educativo nomeará un coordinador durante a duración da campaña de natación escolar.

CENTROS ONDE SE OFERTA

Todos os centros públicos da cidade