Mercadiño solidario na EIM Carricanta

Image

Desde a EIM Carricanta convidan a compartir un ano máis a experiencia que se ven levando a cabo nos últimos anos nas datas de nadal.

De novo o Nadal vístese de solidaridade e ilusión no Nadal, que fai que se leve a cabo a organización dun mercadiño solidario que xa ven sendo tradición por estas datas. Na organización deste mercadiño colabora toda a comunidade educativa, desde o equipo da escola ata a ANPA, familias, antigo alumnado, amigos... facendo que as datas de nadal se poidan vivir dun modo diferente chea de música e de cor nun ambiente de festa na que colaboran todos.

O mercado terá lugar o próximo 17 de decembro de 10.30h a 14.00h nas instalacións da escola.

A recaudación do mercado irá destinada á Fundación Terra de Homes coa que a escola mantén unha relación de colaboración e intercambio de experiencias desde hai anos.

O mercadiño está aberto a todo o público en xeral e as persoas que decidan achegarse a gozar da xornada comprobarán que cada posto é único e inesperado, e poderán realizar unhas acertadas compras ao mesmo tempo que aportarán un grao de area ao proxecto.

Facebook EIM A Carricanta

Twitter @carricanta2016