Intercambios de experiencias e coñecementos no proxecto Ecocomedores na EIM A Caracola

O sábado 3 de marzo de 2018, a directora da EIM A Caracola, Beatriz Ferreira Varela, participa na mesa redonda "Experiencias de cambio de modelo alimentario en escolas de Galicia", da xornada de comedores escolares sustentables que organiza Biocultura. Pódese descargar aquí o programa de actividades.

Por outra banda, desde o pasado mes de xaneiro o centro forma parte do proxecto Chef2020 - Cociñeiros e cociñeiras de comedores escolares de España, entre cuxos fins se inclúen: comprar directamente a produtores locais, coñecer as realidades da produción dos alimentos; cociñar cun novo receitario de menú saudable e sustentable e servir comidas con valores para educar ás futuras xeracións. Máis información na páxina en Facebook do proxecto: https://www.facebook.com/REDCHEF2020/.

Ademais, a escola colabora, xunto ao GDR Mariñas-Betanzos, e da man da asociación Menjadors Ecológics, na organización dunha xornada aberta en abril de 2018 para iniciar o proceso de creación dun circuíto curto de comercialización entre os produtores locais e os comedores escolares.