Espectáculos musicais e teatrais na Rede de Escolas Infantís

Desde o 24 de novembro ata o 9 de decembro a rede de escolas infantís municipais poderá disfrutar de dous espectáculos musicais e/ou treatrais nas súas instalacións a cargo de compañías da cidade. Caramuxo teatro, Katarsis, teatro da semente, Pablo Díaz, Gloria Mosquera e Magín Blanco, e Títeres Trompicallo cos seguintes espectáculos:

Caramuxo Teatro "Zapatos" + Información

Katarsis "Pa Cama" + Información

Teatro da Semente "Chíos" e "Viaxe a Dadá" + Información

Títeres Trompicallo "O día que chegou unha nube e choveu" + Información

Gloria Mosquera e Magín Blanco "Caderno dos afectos" +Información

Pablo Díaz "Cantacontos para bebés" +Información

A elección das obras está relacionada co proxecto educativo que está a desenvolver cada escola. As actuacións terán lugar polas mañás.